Agosto arrancou cun descenso da actividade do cerco galego despois do peche da pesqueira da sardiña ibérica decretado pola Secretaría Xeral de Pesca no Cantábrico Noroeste ao esgotarse a cota. Armadores reclaman á Consellería do Mar, e ao Goberno central, negociacións con outros países ou comunidades para poder conseguir máis cantidade e ter opcións para a flota.

