Os equipos da comarca están inmersos na pretemporada. Logo de anunciar renovacións, baixas e fichaxes regresou o traballo no campo e xa se comezaron a disputar os primeiros amigables. Este sábado o anexo da Fieiteira abriu de novo as súas portas para acoller un encontro do Cidade de Ribeira. O partido das Festas do Verán estivo protagonizado polo conxunto local e o Pontevedra B.

