22 noviembre, 2026

A Deputación da Coruña investirá na estrada de Cespón a Vidres, en Boiro, máis de 924.000 euros

O Boletín Oficial da Provincia da Coruña publica hoxe a exposición pública de catro obras por importe de máis de 2,8 millóns de euros para a mellora de diversas estradas provinciais nos concellos de Culleredo, Bergondo, Boiro e Toques.
Destes 2,8 millóns, 924.000 euros son para ampliar a estrada de Cespón a Vidres, en Boiro.
Estas obras contan cun orzamento de 782.718,48 euros, aos que hai que sumar os 142.266,73 que se reservan para as expropiacións necesarias para a execución dos traballos. Os pasados días 27, 28 e 29 de marzo, a Deputación citou na Casa dos Veciños de Cespón aos 208 titulares dos terreos afectados para realizar os trámites de expropiación.
Segundo explicou o deputado de Vías e Obras, o proxecto consiste “na mellora e ampliación da sección da calzada no tramo de 1,7 quilómetros que vai dende o punto quilométrico 0+00 ao 1+700, dotándoa de carrís de 3 metros, fronte aos 2,5 m. actuais, e con beiravías de 1 metro de ancho para mellorar a seguridade peonil”. Tamén se inclúe no proxecto unha mellora do trazado, suavizando algunhas curvas existentes, “o que axudará a dar maior fluidez e seguridade ao tráfico”.
Nos primeiros 350 metros da estrada, onde a sección queda igual que estaba, realizarase un reasfaltado e unha mellora do seu cruce co tronco da estrada ampliada. A estrada ampliarase ata a glorieta que marca o final do tramo. Tamén se inclúe a mellora dos enlaces existentes nos puntos quilométricos 0+300 e 0+720 para facilitar os xiros dos vehículos, a construción de varios muros de contención de formigón e escollera e a prolongación do sistema de drenaxe transversal existente, así como a urbanización do tramo con saneamento, iluminación e mellora da sinalización vertical e horizontal.
Para garantir a seguridade do tráfico durante a execución das obras, estas realizaranse primeiro nun sentido e posteriormente no outro, permitindo así manter en servizo un dos dous carrís de circulación en todo momento. Os traballos terán un prazo de execución de 10 meses a partir do seu inicio

Related posts

A DEPUTACIÓN DA CORUÑA DESTINA 3,7 MILLÓNS DE EUROS EN AXUDAS PARA AS ENTIDADES SOCIAIS DA PROVINCIA

CloudyX

O CAMIÑO DA RÍA DE MUROS-NOIA CONVÉRTESE EN DIFERENCIAL PARA A VÍA QUERINISSIMA

CloudyX

O BNG DE MUROS-NOIA PRESENTA EMENDAS POR MÁIS DE 12 MILLÓNS DE EUROS PARA ATENDER AS NECESIDADES DA COMARCA

CloudyX