O sector marisqueiro galego está a vivir un verán en branco. Son moi poucas as profesionais que manteñen a actividade no período estival despois da mortaldade do recurso rexistrada tras os temporais de principio de ano. As mariscadoras, na súa maioría, non traballa nin xera ingresos, pero si teñen que seguir pagando as cotas da seguridade social. Ante esta situación, a conselleira do Mar, Marta Villaverde, reclamou ao Goberno central que se axilice a exención destes pagos ás profesionais.

