A fin de semana estivo chea de actividades en Rianxo. O concello desenvolveu unha nova edición da Festa da Xouba, á que se achegaron miles de persoas, e coincidiu co día de Galicia. Pero ademais o municipio contou coa Feira do Libro na que participaron unha decena de librarías, cita que visitaron tamén unha vintena de autores ata o día 26. Un atractivo máis para os amantes da literatura que visitaron a localidade para coñecer as propostas.

