A vela do Barbanza segue a sumar éxitos. Xullo viviu o Campionato do Mundo de Vaurien, celebrado entre o 17 e o 26 en Alemaña e a flota española logrou grandes clasificacións con selo galego e da comarca. A ribeirense Alejandra Vicéns, formando dupla con Paula González, proclamouse campioa do mundo.

