Os bateeiros miran con incerteza ao futuro máis inmediato. O episodio de toxinas que pechou a extracción do mexillón durante case dous meses na ría de Arousa e na meirande parte das Rías Baixas freou o desenvolvemento do recurso e tamén a súa venda. Os profesionais agardan que non se produzan máis peches e se poida sacar algo de proveito desta colleita para salvar a campaña, xa que nos últimos anos foron duros para o sector. Hai produto de calidade, pero non saben se a produción poderá mellorar.

