O verán avanza e o Noia Portus Apostoli encara o seu regreso á pista. O club, que vén de anunciar diferentes incorporacións para reforzar ao equipo que disputará a súa quinta campaña seguida na elite do fútbol sala nacional, definiu xa a folla de ruta para arrancar a pretemporada. Os brancos comezarán a preparar a 26/27 o luns 3 de agosto coa presentación do plantel e do corpo técnico. Realizaranse tamén os primeiros exames médicos antes de comezar a adestrar.

