Apértase a Liga B logo dunha fin de semana de moitas emocións en Aguiño. Onte celebrouse a III Bandeira Concello de Ribeira e a traiñeira da Puebla deu a sorpresa para sumar o seu primeiro triunfo desta campaña. Vitoria que deixa a xeral ao vermello xa que houbo tres gañadores distintos nas catro xornadas disputadas na Liga B.

