Esta mañá celebrouse un pleno extraordinario na Casa do Concello da Pobra para tratar a aprobación inicial do proxecto de orzamentos para o presente exercicio. O documento recolle un montante de 10,56 millóns de euros e nel afondou o concelleiro de Facenda, Eloy Sobrido.

