A conselleira de Política Social, Fabiola García, estivo recentemente na Pobra do Caramiñal onde visitou as instalacións da Libraría Ler. A responsable do departamento destacou e puxo en valor a importancia do Carné +65 e a Tarxeta Benvida, programas da Xunta aos que está adherido este establecemento. Ademais García apuntou que estes plan son un referente nas políticas públicas de apoio ás familias e para fomentar o envellecemento activo.

