A cirurxía estética gaña cada vez máis protagonismo na sociedade. Na última década, este tipo de operacións aumentou un 215%, unha cifra que, lonxe de diminuír. vai cada vez a máis. Unha tendencia que afecta, sobre todo, á xente moza.
Na rúa, moitas persoas coinciden en que existe unha maior presión por cumprir cos canons de beleza. Aseguran que a situación cambiou moito respecto a anos atrás.

