O sector pesqueiro galego afronta numerosos retos, pero hai unha reivindicación que levan a facer anos os profesionais: que a UE recoñeza as confrarías e o importante papel que teñen na xestión e organización. O senador popular Manuel Ruiz defendeu na Cámara Alta a necesidade de que Bruxelas recoñeza as confrarías como Organizacións de Produtores Pesqueiros, OPP.

