O ruído dos motores non faltou onte polas rúas de Ribeira durante a procesión do San Cristovo. A caravana de vehículos percorreu diferentes puntos do municipio nesta homenaxe aos condutores e esta vez tamén ao club de motoristas Reventapistóns. Os falecidos en accidentes de tráfico foron tamén recordados nesta cita na que participaron decenas de vehículos.

