O Museo Municipal de Ribeira alberga ata o 24 de xullo os trofeos polos que loitarán as peñas na Festa da Dorna. Son creacións de SonAgasallo e están representadas as actividades máis características da maior festa de Ribeira, dende o voo sen motor ata a cansión de tasca ou as embarcacións.

