27 agosto, 2026
Image default

O ATLETISMO BARBANZA SEGUE SUMANDO ÉXITOS

Con tan só 15 anos, Sofía Paz continúa demostrando que é unha das grandes promesas do atletismo galego. No Gran Premio Cidade de Vigo impúxose na súa semifinal dos 100 metros lisos cun tempo de 12,7 segundos, rebaixando en 8 centésimas o récord galego que ela mesma establecera anteriormente.
Xa na final absoluta, a atleta cruzou a meta na segunda posición cun rexistro de 12,16 segundos, confirmando o excelente momento de forma co que afronta a tempada.
Con esta nova marca, Sofía Paz acumula xa nove récords de Galicia batidos este ano entre os 60 metros lisos en pista cuberta e os 10 metros lisos ao aire libre.
Tamén destacou Eloi Vázquez Vázquez, que gañou a súa semifinal dos 100 metros lisos cunha marca persoal de 10,81 segundos, o mellor rexistro galego sub-20 da tempada.
Na mesma cita, Hugo Sampedro foi quinto nos 400 metros lisos e Lorena Saborido acabou sétima na proba feminina.
Nos concursos, Sara Caamaño logrou a vitoria no lanzamento de peso sub-18, acompañada no podio por Elina Sanlés, segunda, e Aldara Pedroso, terceira.
As categorías de base tamén volveron deixar unha ampla representación do Atletismo Barbanza nos podios vigueses, con triunfos de Enzo García, Jimena Vázquez, Adriana Peleiro e Gael García, entre outros destacados resultados.
Un balance que confirma o gran momento que atravesa o Atletismo Barbanza, con marcas históricas, numerosas vitorias e unha canteira que continúa ofrecendo excelentes resultados competición tras competición.

Related posts

300 DEPORTISTAS PARTICIPARÁN NA QUINTA REGATA PROVINCIAL DE PIRAGÜISMO

CloudyX

SALGADO-PERILLO E CABO DA CRUZ SON OS NOVOS REIS DO TROFEO TERESA HERRERA DE TRAIÑEIRAS

CloudyX

O TROFEO CONDESA DE FENOSA QUEDOU NA ALTA

CloudyX