O 2026 está a ser complicado para o sector bateeiro. A mortaldade do mexillón polo incremento da salinidade nas augas foi o primeiro golpe que recibiron os profesionais, pero non o único. A toxina obrigou a pechar a extracción durante máis de mes e medio e agora unha praga, a dos patexos, vén de poñer en xaque a produción. Os bateeiros comezan a recuperar a actividade pouco a pouco.

