27 agosto, 2026
Image default

AFÚNDESE UNHA EMBARCACIÓN NO PORTO DE RIBEIRA, O QUE OBRIGOU A ACTIVAR O PLAN ANTICONTAMINACIÓN

Esta mañá produciuse un afundimento no porto de Ribeira. Trátase do “María Estefanía”, un palangreiro de 16,63 metros de eslora que levaba amarrado ao peirao máis de dous anos. Portos de Galicia recibiu o aviso ás 7.30 horas, cando os tripulantes do pesqueiro que estaba situado ao seu carón viron o ocorrido ao chegar a traballar.

A entidade, dependente da Consellería do Mar, en colaboración con Gardacostas, puxo en marcha o dispositivo de emerxencia para evitar posible contaminación, estendendo as barreiras para conter vertidos. Tamén se recolleron anacos de madeira que se desprenderon do casco do buque.

Ata o lugar acudiu o armador e propietario. Apuntou que o pesqueiro non estaba abandonado xa que o visita con regularidade. Esta fin de semana foi a velo por última vez e sinalou que estaba en bo estado. Persoal de Portos de Galicia sinalou que ante a presenza abundante de restos de madeiras, as primeiras estimacións indican que o material do casco puido dilatarse polas altas temperaturas rexistradas os últimos días, o que provocaría o afundimento.

Related posts

O SENADOR MANUEL RUIZ RECLAMA AXUDAS PARA OS PESCADORES ANTE O ALZA DO COMBUSTIBLE

CloudyX

RIBEIRA ACOLLE O PRIMEIRO CURSO DE INVESTIGACIÓN TRASLACIONAL EN OBESIDADE

CloudyX

A VENDA DE COCHES ESTÁ A DEIXAR CIFRAS DESTACADAS NO BARBANZA

CloudyX