O Concello da Pobra, xunto con ANEDIA e outras entidades, presentou unha nova edición desta carreira solidaria, xa consolidada no calendario deportivo local. A proba disputarase o venres 10 de xullo, con saída e meta na praza Alcalde Segundo Durán, e estará aberta a participantes de todas as idades, incluíndo unha categoría inclusiva.

