27 agosto, 2026
Image default

A REGATA CONGALSA FINALIZOU COA PARTICIPACIÓN DE 21 VELEIROS NUNHA NOVA EDICIÓN DA TRADICIONAL VOLTA A SÁLVORA

A calor e as ventolinas marcaron a Regata Congalsa 2026, organizada polo Club Náutico Deportivo de Ribeira. A pesar das condicións meteorolóxicas, a frota conseguiu completar a circunnavegación da illa de Sálvora, un dos percorridos máis emblemáticos da vela na ría de Arousa.
Na categoría Regata, a vitoria foi para o Orión, patroneado por Javier Pérez. En Cruceiro-Regata impúxose o Camping Ría de Arosa, de José Manuel Pombar, mentres que na categoría Cruceiro o triunfo foi para o Bacor, de Francisco Javier Villamil.
A xornada contou coa participación de 21 embarcacións e rematou coa tradicional entrega de premios, na que estiveron presentes representantes de Congalsa, do Club Náutico Deportivo de Ribeira e das institucións locais.
A organización destacou tanto o nivel deportivo da proba como a boa resposta da frota, que permitiu celebrar con éxito unha das citas náuticas máis consolidadas do calendario galego.

Related posts

300 DEPORTISTAS PARTICIPARÁN NA QUINTA REGATA PROVINCIAL DE PIRAGÜISMO

CloudyX

SALGADO-PERILLO E CABO DA CRUZ SON OS NOVOS REIS DO TROFEO TERESA HERRERA DE TRAIÑEIRAS

CloudyX

O TROFEO CONDESA DE FENOSA QUEDOU NA ALTA

CloudyX