Os deportes de contacto están a ter cada día máis seguimento no Barbanza, que ten clubs de referencia neste ámbito. Un dos máis novos é Metanoia Arte Suave, localizado no antigo Ximnasio Muíños en Noia. Están especializados en brazilian jiu jitsu, MMA, loita libre, boxeo, karate e capoeira infantil. Pero ademais tamén adestran a persoas que estean preparando unha oposición para as forzas e corpos de seguridade.

