Era o 1919 cando Josefa Sobrido cedeu o terreo e os inmobles na parroquia de Oleiros á congregación das Fillas da Caridade para destinados á ensinanza das nenas da parroquia. Despois de 107 anos de servizo, a comunidade educativa do Colexio A Milagrosa e a Asociación de Devotos da Medalla da Virxe da Milagrosa, en colaboración co concello de Ribeira, homenaxearon ás monxas polo seu labor logo de tomar o legado de Sobrido. O Arcebispado de Santiago e a Provincia España Norte das Fillas da Caridade de San Vicente de Paúl decidiron o cambio de titularidade do centro da Milagrosa para integrarse na Fundación Ultreia.

