Xuño despídese de Outes cunha gran actividade deportiva e un gran sabor de boca. Os días 26, 27 e 28 o pavillón municipal encheuse de xogadores e curiosos que se achegaron a participar ou a ver o Máster de Futbolín A Riola. Trátase da segunda edición desta competición organizada polo club local na que colabora o concello outiense e por segundo ano foi un éxito. Chegaron xogadores de diferentes puntos de España, como Javi, campión da primeira edición do torneo que vén de Cantabria.

