O fútbol base encheu unha fin de semana máis o calendario deportivo na comarca. O campo da Lomba acolleu a segunda xornada do Torneo 50+1 Aniversario do Taragoña e nesta ocasión os equipos alevíns foron os protagonistas. Déronse cita 16 equipos chegados de diferentes puntos do Barbanza e de Galicia onde a diversión, o fútbol e a convivencia non faltaron á cita.

