25.4 C
Chicago
29 agosto, 2026
Image default

O CLUB REMO CABO DA CRUZ FOI O GRAN PROTAGONISTA DA II BANDEIRA DEPUTACIÓN DA CORUÑA DE BATEIS

O porto de Muros acolleu unha nova edición da Bandeira Deputación da Coruña de bateis, unha cita que reuniu numerosas tripulacións das categorías de base.
Ao longo da xornada disputáronse as mangas clasificatorias e as finais, nas que Cabo da Cruz acadou os mellores resultados para converterse no gran vencedor da competición.
O club boirense logrou o maior número de triunfos nas distintas categorías, o que lle permitiu facerse coa bandeira tanto na clasificación masculina como na feminina.
A proba contou coa colaboración da Federación Galega de Remo e do Club de Remo Muros, e reuniu deportistas das categorías alevín, infantil, cadete, xuvenil e sub-23.
Na entrega de premio participou o deputado provincial de Deportes, Antonio Leira, que destacou a importancia desta competición como apoio ao deporte base e ao traballo dos clubs que manteñen viva unha tradición deportiva moi ligada ao mar e á identidade de Galicia.

Related posts

A TRAVESÍA A NADO ILLA DA BENSA REUNIU A CENTOS DE NADADORES

CloudyX

CHEGA O MOMENTO DA VERDADE NA LIGA GALEGA DE TRAIÑEIRAS

CloudyX

O CD BOIRO ENCARA OS ÚLTIMOS DÍAS DE PRETEMPORADA CON BOAS SENSACIÓNS

CloudyX