Os mariscadores e mariscadoras de Noia están a vivir un ano duro. O peche da campaña pola mortaldade do recurso abriu unha ventá ao pasado xa que os profesionais encadean exercicios difíciles pola falta de recurso e as consecuencias dos temporais. A comezos de mes algúns mariscadores regresaron ao mar coa campaña de Muros.

