O torneo disputouse en varias categorías de formación: biberón, prebenxamín, benxamín, alevín masculino e alevín feminino, nunha fin de semana intensa de fútbol, convivencia e deporte base.
Dende a organización, resaltan o éxito que tivo este torneo, no que arredor de 4.000 persoas se deron cita nun evento na que case 120 equipos se xogaban o podio.

