O atletismo está en pleno apoxeo de probas. Esta fin de semana disputouse a II Xornada do Circuíto Deputación de Pontevedra en Balaídos onde participaron atletas do Atletismo Barbanza en diferentes categorías. O seu adestrador, Lardo Moure, destaca o traballo e os grandes resultados que están a obter os deportistas nestas citas.

