Mañá diferente no Concello da Pobra. O salón de plenos da casa consistorial acolleu o acto no que se fixo balance da última edición do Torneo Internacional Congalsa de Fútbol Base. Os pasados 22, 23 e 24 de maio viviuse no campo da Alta a festa do fútbol base, iniciativa deportiva que naceu da solidariedade coa Fundación Aladina. Esta competición que mestura o deporte coa solidariedade é xa un referente na comarca e vén de asentarse na Pobra onde nesta ocasión

