Todo o ano vívense historias de amor e enlaces matrimoniais, pero coa chegada do bo tempo as vodas protagonizan máis se cabe as fins de semana. Os salóns dos restaurantes énchense de movemento, adornos, flores e diversidade de menús para acompañar as celebracións das parellas que se darán o si quero na igrexa ou nunha cerimonia civil.

