O pasado ano o Concello de Outes viviu a primeira edición do máster nacional de futbolín A Riola e este mes será a quenda da segunda entrega. O 26, 27 e 28 de xuño desenvolverase no pavillón outiense esta nova edición, organizada un ano máis polo club local A Riola, e agárdase repetir o éxito do 2025.

