O Concello de Ribeira vivirá unha nova Noite Tradi o vindeiro 11 de xullo a partir das 22.00 horas, actividade enmarcada na Fiestra da Cultura. A praza da Porta do Sol será o escenario onde se desenvolva a terceira edición desta noite na que catro grupos mesturarán a música tradicional cun toque moderno.

