Atopar alternativas á recolección de mexilla nas pedras é unha meta perseguida pola Xunta e por asociacións bateeiras. Neste camiño avanza OPMEGA co seu proxecto experimental de long-lines, cordas para captar cría de mexillón no mar, que está a impulsar na ría de Muros e Noia. Esta mañá a conselleira do Mar, Marta Villaverde, visitou a batea na que se está a realizar esta iniciativa e garantiu o seu apoio ao sector miticultor na procura de alternativas para garantir o subministro estable de semente.

