Fin de semana de celebracións no baloncesto galego. Logo do ascenso do Obradoiro na temporada regular, o Leyma Básquet Coruña completou unha gran campaña confirmando a súa presenza na ACB despois de superar na prorroga ao Estudiantes na Final Four que se viviu no Coliseum. O equipo, directiva e corpo técnico foron recibidos polo presidente da Xunta, Alfonso Rueda, quen destacou o seu desempeño na pista ao longo de toda a competición e no derradeiro e transcendental encontro.

