25.8 C
Chicago
4 septiembre, 2026
Image default

A RIBEIRIÑA REÚNE A DECENAS DE PERSOAS NA III FESTA NO CONCHIDO

A música, a gastronomía e o bo ambiente foron os grandes protagonistas da III Festa A Ribeiriña-O Conchido, celebrada este sábado no parque infantil da Ribeiriña, na Pobra do Caramiñal.
Ao longo de toda a xornada, veciños e visitantes participaron nun completo programa de actividades pensado para todas as idades. A sesión vermú congregou a numerosas persoas arredor da música e da animación, mentres que a oferta gastronómica e as actividades infantís contribuíron a crear un ambiente familiar e participativo.
Xa pola tarde, a festa continuou coa actuación de diferentes artistas e coa sesión de tardeo, que mantivo o recinto che de público ata ben entrada a noite.
O broche final chegou coa actuación da orquestra Marbella e a música de DJ Marcos Magán, que fixeron bailar aos asistentes nunha noite marcada pola diversión e as ganas de celebrar.
Unha festa que medra cada vez máis e que volveu converter a Ribeiriña-O Conchido nun punto de encontro para a veciñanza, deixando imaxes de convivencia, música e celebración que xa fan pensar na próxima edición.

Related posts

A POBRA DO CARAMIÑAL ABRE AS INSCRICIÓNS PARA OS SERVIZOS DE MADRUGA E COMEDOR DO PRÓXIMO CURSO ESCOLAR

CloudyX

A ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DA POBRA E KRACIA ÚNENSE PARA DOTAR AOS NEGOCIOS DUN ASISTENTE DE IA A MEDIDA

CloudyX

GOLPE DA POLICÍA NACIONAL AO CLAN DOS FANCHOS NA POBRA DO CARAMIÑAL

CloudyX