Concentracións diante de hospitais e centros de saúde de toda Galicia para poñer o foco nun problema que, segundo os convocantes, afecta cada vez a máis persoas: as listas de espera sanitarias.
Dende a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza denuncian que os datos oficiais non reflicten a realidade completa que viven os pacientes. Aseguran que só se fan públicas as esperas para primeiras consultas e determinadas probas diagnósticas, mentres quedan fóra das estatísticas as consultas de revisión e outras probas complementarias.

