5 septiembre, 2026
Image default

O ABSENTISMO LABORAL SEGUE ELEVADO EN ESPAÑA E AUMENTAN AS BAIXAS DE LONGA DURACIÓN

O absentismo laboral e as baixas médicas seguen medrando en España. Segundo os últimos datos acadados, percíbese un incremento do custo asociado que se sitúa en torno aos 34.000 millóns de euros anuais. Ademais, as baixas de longa duración, especialmente as superiores ao ano, experimentaron aumentos próximos ao 16%, o que reforza a preocupación polo seu impacto económico e produtivo.
Neste contexto, a opinión da cidadanía amosa unha clara división sobre as causas deste fenómeno.
Hai quen considera que, na actualidade, coller unha baixa médica é máis sinxelo que hai anos, e que isto pode contribuír ao incremento do absentismo laboral. Apuntan a un sistema máis permisivo ou con menor control.

Related posts

OS HOTEIS DA COMARCA AFRONTAN SETEMBRO RONDANDO O 60% DA OCUPACIÓN

CloudyX

O CALOR MARCARÁ AS RESERVAS DOS CÁMPINGS NESTE SETEMBRO

CloudyX

O 70% DOS ALIMENTOS DAS MÁQUINAS EXPENDEDORAS DAS URXENCIAS SON POUCO SAUDABLES

CloudyX