As formacións impulsadas polas asociacións de empresarios locais para a mellora das empresas asociadas son unha constante. A patronal da Pobra pon en marcha un taller de IA, formación práctica que se impartirá en dúas xornadas para aprender a sacar o máximo rendemento á intelixencia artificial.

