O Concello de Ribeira estará presente do 4 ao 7 de xuño en Festur, a Feira de Festas de Interese Turístico de Galicia, que se desenvolve no marco de Turexpo Galicia en Silleda.
A administración local acudirá cun stand propio desde o que dará a coñecer dúas das súas celebracións máis recoñecidas: a Festa da Dorna, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia no ano 2005, e a Exaltación do Percebe de Aguiño, que acadou esta distinción no 2022.

