Baixo o lema “Protexamos o que nos protexe”, a Xunta de Galicia lanza unha nova campaña de uso responsable de servizos sanitarios. Unha iniciativa coa que o Goberno galego fai un chamamento á responsabilidade colectiva para preservar e ensalzar o sistema sanitario público galego.

