No día de hoxe, o Concello da Pobra do Caramiñal levou a cabo unha sesión ordinaria do pleno na que se levaron a cabo diversos asuntos relacionados coa xestión municipal, o urbanismo, a facenda local e o medio ambiente.
Aínda que o debate entre os grupos municipais deuse en groso modo coas tres mocións presentadas por parte do Partido Popular, todas ellas rexeitadas con sete votos en contra e cinco a favor.
A primeira delas tiña que ver co informe de sustentabilidade financieira da AIREF, o cal, segundo o portavoz da oposición, deixaba en claro que a Pobra do Caramiñal era o concello con peores ratios de cumprimento respecto a estabilidade fiscal. Por isto, propuxeron un cambio de xestión nas contías, así como tamén unha reprobación ao concelleiro de Facenda.

