O Centro de Estudos do Museo Valle-Inclán acolleu unha charla centrada no chamado “museo invisible”, ese traballo silencioso que fai posible a conservación e difusión do patrimonio cultural.
Durante a conferencia explicouse o percorrido que segue unha peza dende a súa chegada ao museo ata a súa incorporación definitiva aos fondos. Un proceso que inclúe tarefas como a avaliación do estado de conservación, restauración, rexistro, inventariado ou catalogación.

