O programa, en colaboración coa Deputación da Coruña, aposta polo comercio de proximidade nun momento de transformación do sector. A convocatoria do Premio Emprende-Co permitirá aos proxectos seleccionados acceder a un local da bolsa de alugueiro do concello, recibir asesoramento técnico e unha achega económica de 10.000 euros.

