18.7 C
Chicago
2 octubre, 2026
Image default

RIBEIRA ACOLLE O NATURAL EXPERIENCE DE TAEKWONDO CON DEPORTISTAS DE TODA GALICIA

Adestramentos, combates e preparación marcarán un intenso fin de semana no módulo de Taekwondo de Ribeira. O evento Natural Experience reunirá durante tres días a deportistas convidados chegados de fóra, nunha convivencia deportiva centrada no perfeccionamento técnico e táctico.
A programación inclúe sesións de adestramento para diferentes grupos, probas técnicas e actividades complementarias que mesturan deporte e convivencia. O obxectivo: seguir facendo do módulo ribeirense un punto de referencia para o taekwondo.
Un dos momentos máis emotivos chegará o sábado 16 cunha homenaxe sorpresa a unha persoa vinculada ao club ribeirense. Un acto que, ademáis, será totalmente inesperado.
Os participantes vivirán así unha fin de semana de deporte, compañeirismo e emocións, nun encontro que vai máis alá da competición.

Related posts

O CLUB DE REMO FAI UNHA LECTURA MOI POSITIVA DESTA TEMPADA 2025/26

CloudyX

TRES VITORIAS, TRES EMPATES E DÚAS DERROTAS FORON O BALANCE DOS EQUIPOS DA COMARCA NA SEGUNDA FUTGAL

CloudyX

NOVA OPORTUNIDADE DE XERAR PUNTOS PARA OS EQUIPOS DA COMARCA NA PRIMEIRA FUTGAL.

CloudyX