14.5 C
Chicago
3 octubre, 2026
Image default

O UNIÓN DISPUTARÁ A FASE DE ASCENSO Á PREFERENTE, MENTRES QUE O VALIÑO AFRONTA A ÚLTIMA XORNADA DA PRIMEIRA FUTGAL EN DESCENSO

A penúltima xornada da Primeira Futgal deixou moitas emocións no grupo 5. Os equipos da comarca viviron encontros complicados que se saldaron con dúas vitorias e unha derrota, dous triunfos celebrados por Unión e Abanqueiro e tropezo que complica a permanencia ao Valiño.

Os de Asados conseguiron o seu obxectivo a falta dunha xornada por disputarse: clasificarse para disputar a promoción de ascenso. Os vermellos aseguraron o terceiro posto logo de impoñerse nun encontro moi rifado que se decidiu nos minutos finais en favor dos rianxeiros. Os locais tomaron a dianteira antes de cumprirse o cuarto de hora de xogo, tanto de Isma Cerqueira que foi moi celebrado pola afección. O Unión tivo o mando a gran parte do duelo, contendo os ataques locais que buscaban o empate, ata que no minuto 65 o Flavia puxo as táboas dende o punto de penalti. Os vermellos querían brindarlle unha última vitoria na casa aos seus e no 83 Isma Cerqueira desequilibrou de novo o encontro para os locais. 2-1 final, triunfo que clasifica aos de Asados a disputar a promoción de ascenso á Preferente ao avantaxar ao seu perseguidor, o Cordeiro, en cinco puntos a falta dun partido de liga.

Os de Valga fixeron os deberes a costa dun Valiño que se mete en problemas. O Cordeiro precisaba gañar e que pinchara o Unión para loitar polo playoff e non dou tregua aos de Cabo de Cruz. A primeira media hora estivo equilibrada ata que no 31 Falcón abriu a lata para os locais. No 48 e no 64 ampliaron a súa diferenza co 3-0, e o Valiño acurtou distancias no 81 logo do gol de Iván García. Pero catro minutos despois Rafael Picos meteu gol en propia, 4-1 final. Dura derrota do Valiño que pechou a xornada en descenso tras o triunfo do Amanecer. Os boirenses non dependen de si mesmos para salvar matematicamente a categoría despois de encadear oito derrotas seguidas.

O Abanqueiro conseguiu un traballado triunfo ante o Agolada que o achega ao décimo terceiro lugar da táboa coa vista posta en evitar posibles arrastres. Os da Charca arrancaron ben o partido e á media hora de xogo mandaban por 2-0, goles de Óscar Alcalde e Alberto Torrado. Os visitantes acurtaron diferenzas no 37 e xusto ao regresar do descanso puxeron o empate. O Abanqueiro quería o triunfo e foi a por el, Santiago Vaamonde adiantou novamente aos locais no 52 e ao fío do final deron a puntilla ao marcador. Brais Outeiral no 83 e no 91 fixo o que sería o definitivo 5-2. O Abanqueiro segue décimo cuarto pero un triunfo na última xornada e un pinchazo do Cuntis podería deixar aos boirenses décimo terceiros.

E no grupo 2 a Esteirana enlazou o seu oitavo partido perdido, nesta ocasión ante o Cire de Melide. Os muradáns arrancaron mar o choque xa que no 9 Godofredo Gutiérrez anotou en propia para adiantar ao Melide, que no minuto 44 xa mandaba por 4-0. A Esteirana anotou o gol da honra no 66, obra de Antón Olveira, e o encontro rematou co 4-1.

Related posts

O CLUB DE REMO FAI UNHA LECTURA MOI POSITIVA DESTA TEMPADA 2025/26

CloudyX

TRES VITORIAS, TRES EMPATES E DÚAS DERROTAS FORON O BALANCE DOS EQUIPOS DA COMARCA NA SEGUNDA FUTGAL

CloudyX

NOVA OPORTUNIDADE DE XERAR PUNTOS PARA OS EQUIPOS DA COMARCA NA PRIMEIRA FUTGAL.

CloudyX