O Cidade de Ribeira tiña dúas finais para loitar pola permanencia na Preferente, pero perderon nas primeiras de cambio confirmando o seu descenso cando queda unha xornada por xogarse. Os ribeirenses recibiron a visita do Dumbría, rival que tamén precisaba gañar para manterse fóra do descenso, e os da Costa da Morte non perdoaron.

