Icono del sitio CanalBarbanza.com

AS MARISCADORAS AGARDAN QUE O CONGRESO EXIMA DO PAGO ÁS TRABALLADORAS SEN INGRESOS

O inverno deixou unha gran pegada no marisqueo galego logo de que o tren de temporais que descargou na comunidade reducira de forma drástica a salinidade do mar e provocara a mortaldade do marisco. Un dos puntos afectados é Cabo de Cruz, lonxa que non ten actividade dende xaneiro. O Instituto Social da Mariña anunciou a finais do mes de abril que propuxo a exención do pago da Seguridade Social ás mariscadoras sen ingresos. Medida reclamada polo sector pero que antes de ser efectiva ten que ser aprobada no Congreso.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil