Seis anos despois da pandemia, o modelo híbrido afiánzase como fórmula máis habitual no mercado laboral. Combinar días de oficina e teletraballo converteuse xa nunha realidade para moitos traballadores, que destacan sobre todo a flexibilidade e a mellora da conciliación.
Aínda así, as opinións seguen divididas. Hai quen prefire traballar dende a casa pola comodidade, o aforro de tempo ou a facilidade para organizar a vida persoal.

