Tras seis días de encerro, a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza levou a cabo unha protesta moi visual: o “enterro da sanidade pública”. Unha acción coa que buscan chamar a atención sobre o que consideran un empeoramento progresivo do sistema.

