Alfonso Rueda regresa de Pekín tras varios días de intensa actividade institucional e empresarial, nos que Galicia se presentou como un destino atractivo para investir.
O titular do Executivo galego amosouse satisfeito polos contactos establecidos, especialmente en sectores clave como a automoción, onde destacou a fortaleza da industria auxiliar galega e a estabilidade como factores decisivos.

